xoves, 17 de decembro de 2015

RADIO K

Xa está aquí o Segundo Programa de Radio K. Escoitadeo todo, ata os créditos que hai sorpresa. Foi feito con moito agarimo polo alumnado de 2º e 3º.

martes, 15 de decembro de 2015

venres, 27 de novembro de 2015

XA ESTÁ AQUÍ !!!!

Ola amigos, hoxe temos algo importante que comunicarvos, xa está aquí RADIO K,non te perdas o primeiro programa.

venres, 20 de novembro de 2015

Garza Real



Hoxe tivemos unha visita moi especial, unha Garza Real pousouse nun piñeiro preto do colexio. Xa fai dous días que nos visita e agardamos que o siga facendo durante moito tempo.






sábado, 31 de outubro de 2015

NOVAS

Xa están os videos e fotos do Samaín e da saída ó Museo Quiñones de León.
Mira en Actividades.

martes, 27 de outubro de 2015

martes, 20 de outubro de 2015

Manuel María

No 2016 celébrase o día das Letras Galegas a Manuel María, en escritores tendes información sobre a súa vida, a súa Fundación e cancións que moitos cantantes cantaron os seus poemas.

luns, 21 de setembro de 2015

Cotorra

Hai un niño de cotorra no Parque de Castrelos.


As cotorras son aves exóticas que viñeron ó noso país sobre a década dos setenta como mascotas. Logo a xente liberounas ou escapáronselle e elas formaron auténticas colonias, agora estanse a elaborar un censo para saber as que habitan nas nosas cidades.



martes, 15 de setembro de 2015

COMENZAMOS

Damos a benvida o noso Blog, o de 2º º 3º de Primaria do Colexio Paraixal. Por aquí atoparedes todo o referente a nosa aula, actividades, saídas e tamén recursos para que poidades dende a casa reforzar os contidos que damos en clase. Ah! e tamén xogos super super divertidos.